Antoni van Leeuwenhoek

Antoni van Leeuwenhoek, nado en Delft o 24 de outubro de 1632 e finado o 26 de agosto de 1723, foi un neerlandés destacado como mercador, agrimensor, tratante de viño, vidreiro e microbiólogo. Van Leeuwenhoek é sobre todo coñecido polo microscopio inventado por el mesmo e mais polo seu traballo pioneiro nas áreas da bioloxía celular e da microbioloxía. Está considerado como un dos primeiros microscopistas e microbiólogos. Foi o primeiro en conseguir observar e describir organismos unicelulares. Foi un dos membros da Escola de Delft de microbioloxía.

Continuou os traballos de Jan Swammerdam (1637-1680), e foi tamén o primeiro a rexistrar observacións microscópicas de fibras musculares, bacterias, espermatozoides e fluxo sanguíneo en capilares.

A partir de 1674 fixo un bo número de achados que foron divulgados grazas á Royal Society de Londres. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 3 results of 3 for search 'Leeuwenhoek, Antoni van, 1632-1723', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    Libro
  2. 2
  3. 3