Louis Pasteur

Aínda que a teoría microbiana foi moi controvertida nos seus inicios, hoxe en día é fundamental na medicina moderna e a microbioloxía clínica e conduciu a innovacións tan importantes como o desenvolvemento das vacinas, os antibióticos, a esterilización e a hixiene como métodos efectivos de cura e prevención contra a propagación das doenzas infecciosas. Esta idea representa o inicio da medicina científica, ao demostrar que a enfermidade é o ''efecto'' visible (signos e síntomas) dunha ''causa'' que pode ser buscada e eliminada mediante un tratamento específico. No caso das enfermidades infecciosas, débese buscar o xerme causante de cada enfermidade para achar un modo de combatelo.
As súas contribucións na química orgánica foron o descubrimento do dimorfismo do ácido tartárico, ao observar ao microscopio que o ácido racémico presentaba dous tipos de cristal, con simetría especular. Foi xa que logo o descubridor das formas dextroxiras e levoxiras que desviaban o plano de polarización da luz co mesmo ángulo pero en sentido contrario. Provided by Wikipedia
-
1