Robert Plant
Robert Anthony Plant CBE, nado en West Bromwich o 20 de agosto de 1948, é un cantante inglés de rock and roll, famoso por ser o vocalista de Led Zeppelin. Ten unha poderosa voz e amplo rexistro vocal. É considerado un dos mellores vocalistas de toda a historia do rock, o seu xeito de cantar habería de influír en vocalistas como Rob Halford, Bruce Dickinson, Axl Rose etc. Tamén tivo unha exitosa carreira como solista, lanzando o álbum de 2007 ''Raising Sand '', producido por T-Bone Burnett coa soprano estadounidense de bluegrass Alison Krauss, que gañou o Premio Grammy de 2009 ao Álbum do Ano. Provided by Wikipedia-
1
-
2